Saltar ao contido

Oficina dos Dereitos

A Oficina dos Dereitos é un servizo de asesoría gratuíto, destinado a persoas en situación vulnerable, para orientalas e apoialas na relación coa administración, na solicitude de prestacións ou na defensa dos seus dereitos.

Creada en 2020, dende entón o educador social Rodrigo Gil vén atendendo a ducias de persoas ofrecéndolles este apoio de balde.

A Oficina dos Dereitos é unha iniciativa de Marea Atlántica que financiamos cos salarios dos nosos cargos públicos no Concello e na Deputación da Coruña.

Polo noso Código Ético, os cargos públicos da Marea cobran ata 35.000 euros anuais e doan o resto. Eses cartos financian proxectos coma este ou a Xanela de Proxectos.

Podes contactar e pedir cita neste enderezo dereitos@mareatlantica.org  ou no teléfono 604 086 724

Maioritariamente as consultas e as xestións que atendemos están relacionadas con:

Falta de recursos económicos, problemas de vivenda, descoñecemento dos trámites para acceder aos servizos sociais, consultas de estranxeiría, entre outras.

Se podemos axudarte, chámanos. E se coñeces a alguén a quen lle poidamos resultar útiles, faille chegar esta información.

Podemos axudar en cuestións como:

  • Ingreso Mínimo Vital
  • RISGA
  • Axudas de Inclusión Social
  • Tarxeta Básica
  • Pensión non Contributiva
  • Renda Social Municipal
  • Axudas de Emerxencia Municipal
  • Bono Taxi
  • Bono Comedor
  • Outras

Publicación de guías

A Oficina dos Dereitos ademais, ten publicadas tres guías prácticas nas que recopila información útil sobre os diferentes tipos de prestacións sociais no Estado, na Xunta e no Concello da Coruña, e tamén sobre bonos e tarifas sociais de subministros básicos como auga, electricidade, gas e telecomunicacións.

Podes descargalas premendo en cada unha das imaxes a continuación.

Lembra que podes contactar e pedir cita neste enderezo  dereitos@mareatlantica.org  ou no teléfono 604 086 724